Axenda 2017 e manual de supervivencia en caso de colapso

Data | Outubro 2016 – Xanerio 2017   Cliente | Aborixe Comunicación


Quen sabe se será o clima, unha pandemia, unha guerra dixital, un crack financeiro, a fin do petróleo ou o auxe dos neofascismos. O caso é que xa se cheira o arume apocalíptico e a esquerda política non está sabendo adaptarse ó novo e faltal escenario.

Pero sexamos positivos,  porque o colapso tamén precisa de emprendedores e emprendedoras coma ti!

Por iso deseñamos esta axenda e guía de supervivencia. Para que a túa volta ás orixes sexa o menos traumática posible e poidas afrontar con éxito os retos da sociedade poscapitalista que se aveciña.