Dirección | Chisquelos do Enclave (TVG)

Data | Outubro 2017 – Xuño 2018   Cliente | Corporación Radio e Televisión de Galicia


En colaboración con Crémilo, traballamos na produción dunha peza audiovisual por cada un dos 8 concertos da 5ª tempada do ciclo de música de cámara de Ourense “Enclave de Cámara” para a web musi.gal así como para a promoción online do propio festival.

Cinco minutos por vídeo que condensan a experiencia dun concerto de música clásica dende a óptica do propio artista. 8 episodios, 8 lembranzas, 8 noites de música clásica no Teatro Principal de Ourense. Un resumo en vídeo do espírito do recital, dos artistas e as súas impresións, do público e da cidade detida que o acolle.