Loxística | WOS Festival

Data | dende setembro 2018   Cliente | Work on Sunday SL


O Wos Festival é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura de vangarda. A música e a experimentación son o motor principal dun programa con arriscadas propostas artísticas nunha dúcia de espazos excepcionais e emblemáticos do centro urbano de Compostela.

Nós encargámonos da loxística do festival, o quere dicir moooitas cousas: dende xestionar os desprazamentos dos/das artistas ata Galiza, organizar o seu aloxamento na cidade, coordinar os transfers de artistas durante o festival, enviar as follas de ruta e botar unha man nas tarefas de produción que así o requiran.