Coordinación Concurso | “Cousas do Retorno”

Data | 2021  Cliente | Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia


A asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia – AJERGA – convocou en 2021 o concurso de relatos “Cousas do Retorno”, dirixido a todos os emigrantes retornados coa idea de visibilizar a historia, aínda por narrar, de todos aqueles emigrantes e descendentes que retornaron a Galicia.

 

Dende Aborixe Comunicación encargámonos da conceptualización, coordinación e xestión da comunicación dun concurso que toma o nome das “Cousas” de Castelao (escritas entre 1919 e 1926), que foron un conxunto de relatos breves que interpretaban a realidade galega e o seu tempo publicados poucos anos antes de que o autor iniciase o seu exilio en Latinoamérica. El nunca puido retornar, pero si moitos fillos e netos de galegos, que lle renderon homenaxe deste xeito.

 

Outras das tarefas que nos encargou a asociación foi a de xestionar as obras recibidas, a comunicación coas persoas participantes, a coordinación do xurado e o deseño de materiais. Tamén participamos na produción do evento de entrega de premios na Secretaría Xeral de Política Lingüística en novembro de 2022.