Tríptico turístico Concello A Merca

Data | Maio – Xuño 2016   Cliente | Concello da Merca


Fomos nós quen propuxemos ó Concello da Merca (Ourense) o deseño dun folleto de turismo sostible que puxera en valor entre veciños e visitantes o seu patrimonio artístico, histórico e natural. E como terra de tratantes que é, non tardamos en poñernos dacordo.

Así que percorrendo rutas e aldeas cámara en man investigamos a súa historia, coñecemos ás súas xentes, bañámonos no Arnoia, inspirámonos nos seus bosques para redactar os contidos da guía e fómoslle dando voltas á estratexia comunicativa que marcaría o slogan e deseño final do tríptico.