Creación Web | ADENCO + APAAG

Data | Decembro 2019  Cliente | Asociación para a Defensa da Natureza do Condado


ADENCO leva 30 anos loitando dende o Condado na defensa e conservación do medio natural. Con actividades ao longo do ano como as xeiras micolóxicas e proxectos relacionados co estudo da fauna salvaxe e o patrimonio, pretenden xerar un cambio na nosa relación coa natureza. Agora que teñen web nova, preme na ligazón para coñecer a asociación e ver as súas próximas actividades!

http://www.adenco.info

 

Data | Abril 2020   Cliente | Asociación de produtores/as de aceite e aceituna de Galicia


A produción de aceite de oliva na Galiza vén de lonxe… De cando aínda non se coñecían por aquí nin o millo nin a pataca… E a nova web que fixemos para a APAAG pretende, ademais de ser o punto de encontro dos produtores/as do país, axudar a que o público xeral coñeza a tradición oliveira galega.

http://www.apag.gal