Stage Manager | Noroeste Estrella Galicia

Data | Agosto 2017   Cliente | Cunde SCG


Somos tan pero que tan polifacéticos que tamén lle pegamos á produción en festivais de música. Desta volta foi Cunde – de cundir – para quen traballamos coma stage-manager nos escenarios do Castelo de Santo Antón e da Rúa Troncoso durante o Noroeste Estrella Galicia 2017. Seis intensos días na Coruña colaborando na produción dos concertos de Ala.Ni, Rosalía & Raül Refree, Los Bengala ou Terrier entre outros.