Vive o Camiño

Data | outubro – decembro 2019   Cliente | Ouvirmos SL – Xacobeo 2021


Vive o Camiño foi un programa do Xacobeo 2021 para promocionar o patrimonio natural, cultural e gastronómico dos concellos galegos polos que pasa a Vía da Prata. Durante 3 meses percorrimos o Camiño organizando andainas, obradoiros, catas e degustacións xunto a un equipo de profestionais xestado arredor de Ouvirmos SL.

Deste xeito, contribuimos a que a veciñanza deses 35 concellos coñecese a riqueza patrimonial que ten máis preto e a que percibise o antigo Camiño Mozárabe ou Via da Prata coma un dos motores no desenvolvemento económico e cultural da localidade.