Coordinación | Voluntariado medioambiental

Data | Agosto 2016   Cliente | Sustinea


Coa asociación ecoloxista Sustinea botamos unha man na organización de dous campos de traballo internacionais de temática ambiental para rapaces e rapazas de entre 18 – 30 anos. En Ourense fixemos as bases do que será unha horta ecolóxica e unha escola do rural no barrio da Carballeira e en Muíños limpamos a área na que se atopan precisamente os 20 muíños que lle dan o nome a este concello da Baixa Limia.